Na intervención arqueolóxica do ano 2006, planeouse unha aproximación as características xerais do castro a través do estudo e análise da súa morfoloxía, emprazamento e relación ca súa paisaxe, análise que nos permitiu un achegamento o seu encadre cronolóxico e histórico.
Na primeira campaña do ano 2006, realizaronse unicamente sondaxes de cara a un primeiro achegamento o poboado que nos permitiron documentar a existencia dun poboado castrexo que conserva restos das suas estructuras en tres dos catro recinto estudados. No recinto 3 ademais, poidose rastrexar a existencia de dous momentos de ocupación no poboado, o derradeiro asociado a elementos materiais que datan este nos primeiros anos do século I d.C. e polo tanto nun momento de convivencia co mundo romano.
Os excelentes resultados obtidos, na campaña do ano 2006, provocaron unha segunda fase de intervención no ano 2007, amplíándose a zona de escavación da croa, case 400 m2. Este novo sector escavado permitiu descubrir varias edificacións ou vivendas no interior do recinto principal delimitadas pola potente muralla na que se abre unha porta o Leste. As vivendas atoparonse distribuidas seguindo un espazo que deixa unha ronda interior á muralla e unha rúa de trazado radial, cara as que se abren os accesos ás vivendas castrexas.
No ano 2008 os traballos de escavación continuaron no sector da croa ampliando o sector escavado uns 500 metros cadrados ao Sur e Leste, cara a zona da posible porta da croa no lado Norleste.
As novas estructuras ou vivendas atopadas son de pranta cuadrangular con esquinas redondeadas por mor do material empregado: laxas de pizarra tabular, fácilmente exfoliables. Estas laxas mixtúranse con cuarcitas de maior tamaño.
Repítese o esquema constructivo documentado. As construcciones atopanse moi xuntas, aproveitando todo o espacio da croa reflexo da evolución intensa da población. Seguen un modelo radial deixando zonas de paso a modo de ruas entre as construccións que vanse a unir ca ronda interior da muralla que funciona como un eixe interno de comunicación no xacemento, e que vai dar directamente ca zona da entrada descuberta ao norleste.
En relación ca morfoloxía do poboado nesta campaña poidemos documentar unha remodelación xeral das construccións que se corresponde cunha derradeira fase do poboado nun momento previo o seu abandono que foi datado en torno o cambio de era (finais do século I a.C.). Esta remodelación xeral pode verse na intención de regularizar as construccións que fan fachada ca ronda deixando a mesma amplitude no percorrido da mesma. Co este obxetivo se construen unha serie de espacios anexos as vivendas cara a ronda a modo de “porche” ou acceso previo que permiten regularizar todo o espacio da ronda.
En xeral, destaca a boa conservación dos restos debido a que o xacemento se atopa sellado polos potentes derrubes das paredes, polo que as zonas de actividade domestica asociadas a lareiras e fogares chegaron ate os nosos dias dun xeito inmellorable.
As características das estructuras e os achadegos dos niveis de ocupación, estannos a falar de estructuras familiares e dun contexto económico agropecuario no que os principais achadegos ten relación con conxuntos asociados a laboures de cociña ou domésticos en xeral.
Nas escavacións do ano 2008 e 2009 deixaron ademais ao descuberto un acceso o castro de carácter monumental. Se recuperó un novo tramo de muralla duns 30 metros de lonxitude que finaliza nun torreón que configura un acceso a croa. O tramo de muralla recuperada foi construída con aparello mixto irregular de cuarcita e lousa a favor de fachada. Foi realizada en seco, sen morteiro, utilizando terra e cascallo para o asento e recheo do interior.
A zona da entrada a croa conservaba unha potencia estratigráfica de case dous metros polo que o acceso a croa e a zona de escavación e posta en valor confirese un atrativo a maiores dada a súa configuracion. A porta estaba franqueada por dous torreóns e un canle de acceso de máis de 14 metros de lonxitude na que se instalaban tres portóns de madeira. Este acceso na parte exterior conserva dous escadas escalonadas cara a parte superior dos torreóns de entrada. Os torreóns estaban comunicados na parte superior de xeito que o paso a través da muralla continuaba dun lado a outro da porta.
Finalizada a escavación da zona da entrada pudose documentar un gran acceso reforzado con bastións, dous corpos de garda e dous muros de peche en boas condicións de conservación agás os muros correspondentes aos corpos de guardia que se atopaban desplomados sobre a vertical máis de 40 cm. Foi necesario desmontar o lado norte para realizar unha anastilosis dun tramo duns dous metros para poder conservar os restos.
A construción de todo o conxunto realizouse en seco utilizando un aparello mixto de cuarcita e lousa de grandes dimensións. Na zona de corpo de garda documentouse a existencia dun pavimento de terra avermellada arxilosa apisoada que ocupa case 4 metros cadrados a cada lado do acceso. Todo o conxunto estaba armado con grandes vigas pilares e dormentes de madeira como asi o testemuñan os galces, escotes e esquinas dos muros da entrada.
No lado norte documentouse a existencia dunha zona de queimado probablemente relacionada con esa armadura e forxado de madeira existente no piso superior.Toda a entrada foi recrecida co obxecto de consolidar a construción utilizando para iso pedra da zona recibida con morteiro hidrofugado separada do orixinal con lajas de lousa dentada separadas cada 60 cm.
En relación coas causas do abandono do poboado datado nun momento cercano o cambio de era e seguramente asociado a conquista romana, e se temos en conta que as vivendas descubertas na excavación son da derradeira fase de ocupación do poboado de Castromaior, destacar o dato de que en varias vivendas atopamos as portas tapiadas con grandes laxas colocadas contra as entradas, asegurando as portas contra a humidade e os roubos, pretexendo as vivendas cunha intencion implícita de voltar.
Os achádos recuperados máis abundantes son cerámicos: olas e vasixas asociadas coas actividades domésticas en torno á cociña, e recipentes para almacenaxe. Tamen se documentaron ferramentas relativas a actividades agropecuarias, principias recursos da población, como foron fouces, tenazas tixeiras etc..
A finalidade dos traballos van encamiñados cara dous obxectivos fundamentais, coñecer a orixen a evolución e o final do poboado, asi como aproximarnos os procesos socioculturais eiqui acontecidos, e dinamizar ditos coñecementos dentro do Camiño de Santiago, para xerar un desenvolvemento turístico e económico que revirta no territorio e nos seus habitantes, seguindo criterios de sostenibilidade, tanto económica como patrimonial.